Registrarse
Programa “AVENTÚRATE CON GALICIA” 2018

logoInformámoslles que o día 18 de abril de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se convoca o programa “Aventúrate con Galicia”.

As características principais son  as seguintes:

Prazo de presentación de solicitudes: 30 días hábiles,  e remata o día 4 de xuño de 2018.

 

Finalidade: facilitar á mocidade da Galicia Exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, mediante a realización dunha serie de actividades.

Requisitos esenciais dos participantes: mozos e mozas de entre 14 e 17 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegas.

Modalidades:

1. Actividades no mar-Gandarío: convócanse 20 prazas, a realizar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

2. Actividades de Naturaleza-medioambiente e mar: convócanse 20 prazas a realizar no Albergue Xuvenil de Area (Viveiro) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

3. Actividades de Aventura T: convócanse 10 prazas a realizar no Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei) dependente de la Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Viaxe a Galicia: 

Este programa ten como peculiaridade que cada unha das persoas beneficiarias farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida y de volta aos seus lugares de residencia.  Igualmente realizará as xestións necesarias para a saída e a entrada ao país (visados, pagamento de taxas...). Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe a Galicia.

Poderá descargar o texto completo e as solicitudes na páxina web desta secretaría xeral     http://emigracion.xunta.gal 

Para obter máis información sobre a convocatoria os interesados deben dirixirse, segundo os países de residencia, ás entidades seguintes:

* En Arxentina:

Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires

* En Uruguai:

Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo

* En Brasil:

Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro.

Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruccións de São Paulo.

Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.

* En Cuba:

Federación de Sociedades Galegas en La Habana.

* En Venezuela:

Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

 

Sede Centro

Sede Social

San josé 870

Tel: (00598) 2 900 8074

cgallego@adinet.com.uy

Sede Carrasco

Sede Social y Polideportivo de Carrasco

Avda. Italia 7504

Tel: (00598) 2 601 03 61

centrogacarrasco@vera.com.uy