Registrarse
ENTIDADES GALEGAS – PROGRAMA “CONECTA CON GALICIA” 2017

ACTIVIDADES DE AIRE LIBRE E CAMPOS DE TRABALLO

Informámoslles que o día 30 de marzo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se convoca o programa “Conecta con Galicia” (Actividades de aire libre e Campos de traballo 2017). As características principais son  as seguintes:

Prazo de presentación de solicitudes: 30 días naturais, remata o día  2 de maio de 2017.

 

Finalidade: facilitar á mocidade da Galicia Exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Requisitos esenciais dos participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos e con nacionalidade española. Os maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.

Modalidades:

1. Actividades de aire libre: Convócanse 174 prazas, en dous grupos de idades (de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos), co seguinte programa:

   a)     “Cultura e camiño”, os participantes aloxaranse seis días, en residencias xuvenís, participando en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrendo a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.

   b)     “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, en albergues xuvenís onde realizarán actividades de náutica de recreo e de coñecemento do medio mariño.

Nestas 174 prazas inclúense 14 prazas para residentes no resto de España, e 6 para residentes no resto de Europa.

2. Campos de Traballo: Convócanse 22 prazas para a actividade que terá lugar nunha localidade da Comunidade Autónoma galega, para participantes con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos de idade. Previsiblemente esta actividade terá lugar na segunda quincena do mes de agosto.

Nestas 22 prazas inclúense 2 prazas para residentes no resto de España, e 2 para residentes no resto de Europa.

Financiamento:

Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido na resolución.

 

PRAZAS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE 2017  (14-17 anos)

PAÍS

Quendas

Financiamento

1ª quenda

2ª quenda

Total

100%

50%

0%

Total

ARXENTINA

16

17

33

17

12

4

33

BRASIL

-

5

5

3

1

1

5

CUBA

-

-

0

-

-

-

0

URUGUAI

20

2

22

13

6

3

22

VENEZUELA

-

12

12

12

-

-

12

Resto América

3

3

6

3

2

1

6

Resto de España

2

2

4

-

-

4

4

Resto de Europa

1

1

2

-

1

1

2

TOTAIS

42

42

84

48

22

14

84

 

 

PRAZAS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE 2017  (18-20 anos)

PAÍS

Quendas

Financiamento

1ª quenda

2ª quenda

Total

100%

50%

0%

Total

ARXENTINA

19

15

34

17

13

4

34

BRASIL

3

4

7

4

2

1

7

CUBA

-

7

7

7

-

-

7

URUGUAI

10

4

14

10

3

1

14

VENEZUELA

-

8

8

8

-

-

8

Resto América

4

2

6

2

2

2

6

Resto de España

5

5

10

-

-

10

10

Resto de Europa

2

2

4

-

2

2

4

TOTAIS

43

47

90

48

22

20

90

 

 

PRAZAS CAMPOS DE TRABALLO 2017

PAÍS

100%

50%

0%

TOTAL

ARXENTINA

2

2

1

5

BRASIL

1

1

1

3

CUBA

2

-

-

2

URUGUAI

1

2

1

4

VENEZUELA

2

-

-

2

Resto de América

1

1

-

2

Resto de España

-

-

2

2

Resto de Europa

-

1

1

2

TOTAIS

9

7

6

22

 

 

Poderá descargar o texto completo e as solicitudes na páxina web desta secretaría xeral     http://emigracion.xunta.gal

Para obter máis información sobre a convocatoria, sobre a documentación a aportar, ou para rexistrar telematicamente as solicitudes os interesados deben dirixirse, segundo o país de residencia, ás entidades seguintes:

* En Arxentina:

Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires

* En Uruguai:

Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo

* En Brasil:

Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro.

Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruccións de São Paulo.

Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.

* En Cuba:

Federación de Sociedades Galegas en La Habana.

* En Venezuela:

Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Nas entidades citadas de Brasil, Cuba e Venezuela existen persoas habilitadas para o rexistro telemático das solicitudes.

 

O Subdirector Xeral da Emigración e das Comunidades Galegas

Ramón Brigos Fernández

 

Sede Centro

Sede Social

San josé 870

Tel: (00598) 2 900 8074

info@centrogallego.com.uy

Sede Carrasco

Sede Social y Polideportivo de Carrasco

Avda. Italia 7504

Tel: (00598) 2 601 03 61

info@centrogallego.com.uy