Registrarse
Axudas 2016 a emigrantes retornados/as emprendedores/as

logo xuntaQueremos informarvos que ata o 31 de agosto está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados/as emprendedores/as, que poden chegar ata os 8.000 € e que son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, das que tamén se poden favorecer as persoas emigrantes retornadas.

 

Son, por tanto, unha oportunidade importante para todos/as aqueles/as que queiran ubicar fisicamente a súa empresa -ou abrir unha delegación da xa existente- na Galicia territorial.

Achegámosvos ligazón á web http://emigracion.xunta.gal/node/31200 na que se pode atopar a información ao completo, e PREGÁMOSVOS QUE O DIVULGUEDES, coa fin de que esta información chegue ao maior número posible de persoas. Tamén tedes un resumo da información en http://emigracion.xunta.gal/node/31202

 

Sede Centro

Sede Social

San josé 870

Tel: (00598) 2 900 8074

info@centrogallego.com.uy

Sede Carrasco

Sede Social y Polideportivo de Carrasco

Avda. Italia 7504

Tel: (00598) 2 601 03 61

info@centrogallego.com.uy