Registrarse
Escolas Abertas Presenciais 2010

A Secretaría Xeral da Emigración convoca como cada ano obradoiros de formación e especialización de carácter presencial que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xullo en Santiago de Compostela.

A especialización e a adquisición de novos coñecementos e ferramentas nas distintas materias formativas impartidas posibilitarán unha maior implicación e colaboración da xuventude no seo das entidades galegas do exterior, favorecendo deste xeito a súa dinamización.

Prazo de presentación: Ata o 23 de abril

Modalidades:

Obradoiros de formación de nivel intermedio:
- Asociacionismo, participación e información xuvenil
- TIC (novas tecnoloxías)
- Xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro
- Gaita tradicional galega
- Canto popular e percusión
- Baile tradicional galego

Obradoiros de especialización de nivel avanzado:
- Gaita tradicional galega
- Baile tradicional galego

Destinatarios:

- Entidades galegas do exterior (proporán a socios ou colaboradores)
- Cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade que acrediten un nivel suficiente de coñecemento (reservaranse 4 prazas para os obradoiros de gaita, baile, e canto e percusión).

Datas de realización:

Do 1 ao 10 de xullo de 2010

Lugar de realización:

Santiago de Compostela

Prazo de presentación:

Ata o 23 de abril

PARA MAIS INFORMACIÓN:

CENTRO GALLEGO DE MONTEVIDEO
SAN JOSE 870 ESQ. ANDES - DE 13 A 20 HS. - Tel: (00598 2) 900 8074

 

Sede Centro

Sede Social

San josé 870

Tel: (00598) 2 900 8074

info@centrogallego.com.uy

Sede Carrasco

Sede Social y Polideportivo de Carrasco

Avda. Italia 7504

Tel: (00598) 2 601 03 61

info@centrogallego.com.uy