Registrarse
Axudas económicas individuais 2019

informamos que se ha extendido hasta el día 26 de marzo el plazo para presentar la solicitud del programa "Ayudas Económicas Individuales 2019".

O 21/01/2019, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2019.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 04/03/2019.

Dada a importancia deste programa consideramos conveniente que esa entidade se dirixa aos membros da colectividade galega que se poidan atopar nalgúns dos supostos de necesidade establecidos, para darlles información sobre o seu contido.
Como sabedes, consiste na concesión de axudas a galegos e galegas residentes no exterior que se atopen nalgún dos oito supostos de necesidade contemplados entre os artigos 4 e 11 (ambos os dous incluídos) que se indican de seguido:

  • Axudas por encontrarse a unidade familiar en situación de precariedade.
  • Axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante.
  • Axudas por situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar.
  • Axudas por situación de invalidez ou enfermidade permanente da persoa solicitante.
  • Axudas para a cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custe elevado.
  • Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
  • Axudas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.
  • Axudas para paliar situacións de necesidade no seo da unidade familiar en Venezuela.

    O artigo 4º “situación de precariedade” só é aplicable nos países iberoamericanos que non teñan establecido convenios en materia de seguridade social co Estado español. Nesta situación están, entre os países nos que se presentaron solicitudes nos últimos anos, Cuba e Panamá.

    O artigo 11º “axudas para paliar situacións de necesidade no seo da unidade familiar en Venezuela” só é aplicable neste país.

    Poderán beneficiarse destas axudas:

    1.- Os/as emigrantes galegos/as, os seus fillos e as súas fillas, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a. Esta condición xustificarase mediante:

    a.  Pasaporte español en vigor, ou certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento xustificativo que acredite a nacionalidade española.

    b.  Unha das seguintes documentacións:

    i.   Documento no que conste ser nado/a en Galicia ou que a última veciñanza administrativa en España fose en Galicia de forma continuada durante dez anos.

    ii.  Documento que acredite estar vinculado/a con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes e ser descendente ata o primeiro grado de consanguinidade dunha das persoas descritas no punto anterior.

    2.- Os netos e netas de emigrantes galegos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a de acordo co que se establece nos puntos 1.a e 1.b.ii anteriores e acrediten un ano de residencia en Galicia, mediante calquera xustificación en documento oficial.

    3.- No caso de falecemento das persoas indicadas en calquera dos apartados anteriores, poderán beneficiarse
    por unha única vez das axudas previstas no suposto de axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o/a cónxuxe viúvo/a, a parella de feito ou relación análoga de afectividade, os fillos e as fillas, sempre que non transcorresen máis de 15 meses desde o falecemento. Esta condición xustificarase mediante:
    • Certificado de defunción da persoa falecida.
    • Xustificación do matrimonio, parella de feito,…
    • Condición de galego/a da persoa falecida de acordo co especificado nos puntos 1 e 2 anteriores.

4.- Os fillos, as fillas, os netos e as netas de emigrantes galegos/as deberán estar en posesión da nacionalidade española, cando menos, cun ano de antigüidade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes (art. 2.4). ( Deben ser españois con anterioridade ao 04/03/2018).
Poderase descargar o texto completo da convocatoria e os modelos de solicitudes na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración http://emigracion.xunta.gal
Para obter máis información sobre a convocatoria, documentación que se debe achegar ou para rexistrar as solicitudes, as persoas interesadas deben dirixirse, segundo os país de residencia, ás entidades seguintes: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo, entidades colaboradoras de Brasil, Cuba e Venezuela (art. 12.1)

https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/linea-de-ayuda/ayudas-economicas-individuales-gallegos-y-gallegas-residentes-exterior-0

 

Sede Centro

Sede Social

San josé 870

Tel: (00598) 2 900 8074

cgallego@adinet.com.uy

Sede Carrasco

Sede Social y Polideportivo de Carrasco

Avda. Italia 7504

Tel: (00598) 2 601 03 61

centrogacarrasco@vera.com.uy